Saturday 11 de May de 2024

Un total de 27 veciños e veciñas de Frades aprenden a manexarse con sulfatos ecolóxicos


O concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra, clausurou un Curso de Sulfatos Ecolóxicos organizado polo Concello de Frades, no que participaron un total de 27 veciños e veciñas. Unhas persoas que recibiron 15 horas de formación para aprender a identificar as pragas e enfermidades máis comúns das plantas froiteiras, de horta e de xardín, así como saber realizar distintos tratamentos ecolóxicos e naturais.

O concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra, agradeceu “a gran acollida que tiveron tanto o curso de poda como este de sulfatos. Miraremos de poder darlle continuidade no próximo ano”. As clases foron impartidas polo profesor Rosendo Luís Estévez, quen alternou a teórica no multiúsos de Frades coas sesións prácticas nunha leira municipal.